• 90 anos da revolución rusa.


    Imaxe tomada de aquí.
    Xusto hoxe, cando Moscova é a cidade máis cara e luxosa do planeta, con tendas de Dior e de Versace na Praza Vermella, cúmprense 90 anos da revolución bolxevique de outubro de 1917.
    Si, hoxe. A razón de que a efeméride sexa o 7 de novembro débese a que hai noventa anos os rusos empregaban o calendario xuliano,que tiña unha diferenza de 13 días con respecto ao noso (o gregoriano).
    Comezou así o inicio dun proxecto social, político e económico baseado nos ideais de Marx e de Lenin que condicionou toda a historia do século XX, suscitando paixóns e odios por todo o Occidente.
    O soño comunista dun mundo sen clases nin explotación rematou co pesadelo estalinista e foi languidecendo ata o seu colapso en 1991, convertido nunha ditadura con demasiadas semellanzas co tsarismo que derrocara naquel cada vez máis lonxano outubro vermello.

    Un enlace para saber máis.