-
Máis xogos de xeografía.
Outros links para repasar mapas (que falta fai...)
Europa.
África.
Oriente Próximo.
América do Sur.
América central.
Estados Unidos (paciencia).
Canadá. -
Os desastres da guerra (Goya)
Montaxe audiovisual cos gravados de Goya inspirados pola vivencia da guerra da independencia.
-
90 anos da revolución rusa.

Imaxe tomada de aquí.
Xusto hoxe, cando Moscova é a cidade máis cara e luxosa do planeta, con tendas de Dior e de Versace na Praza Vermella, cúmprense 90 anos da revolución bolxevique de outubro de 1917.
Si, hoxe. A razón de que a efeméride sexa o 7 de novembro débese a que hai noventa anos os rusos empregaban o calendario xuliano,que tiña unha diferenza de 13 días con respecto ao noso (o gregoriano).
Comezou así o inicio dun proxecto social, político e económico baseado nos ideais de Marx e de Lenin que condicionou toda a historia do século XX, suscitando paixóns e odios por todo o Occidente.
O soño comunista dun mundo sen clases nin explotación rematou co pesadelo estalinista e foi languidecendo ata o seu colapso en 1991, convertido nunha ditadura con demasiadas semellanzas co tsarismo que derrocara naquel cada vez máis lonxano outubro vermello.
Un enlace para saber máis. -
Para repasar xeografía xogando...
Aí vai un par de enlaces da páxina de travelpod.com para situar cidades ou monumentos.
(Para achegar o mapa preme o botón dereito do rato, pero ollo co tempo)